Cando ti me faltes, cando eu te esqueza

 Úsase na economía o termo de "stock de seguridade" como aquilo do que non deberíamos prescindir, unha reserva que sempre ha de estar ahí, por se acaso. Se cadra, isto sucede cas persoas, tes ese vello amigo que sempre está ahí, inda que non vos chamedes, pero ao que percorres se nun día pasa algo imprevisto, ou un curmán, ou no meu caso unha avóa, a miña persoa favorita.

Por mor da xeografía vexo a nai de pais unha vez ó mes coma moito, pero non hai semana que non pense nela, no ben que lle quero, e no oco inmenso que ten no ceo, no que ela mesma di que non lle falta moito pra estar (92 aniños que ten). Miña vella ten un corazón deses que che fan recoller a louza de toda a mesa no restaurante inda que non cotizases na vida, por axudar o camareiro, ou ir esnaquizar a araña as 12 da noite do neto pequeno porque caga de medo (con 6 anos ollo, agora mátovolas eu). Nai de seis fillos e avóa de 4 netos. Non sei de ninguén que se entregase mais ós seus, cociñando tres horas, tras botala roupa e sacar as pitas só porque o segundo en idade quería alitas pra xantar, e o terceiro prefería carne o caldeiro, iso si, con bocadillo de chocolate e "jusanitos" de postre e merenda. Cando penso en que algún día non estea póñome mal, porque como carallo non vai estar ahí, porque como diaños vou ir a Sanguñedo e non escoite "Quen anda ahí? ... ooooh meu cuco! Porque se quero ser bo, ou aperto a fe é porque alguén ensinou a este tolo o que era ir polo bo camiño, e sei que cando xa non esteas vixiarás dende os ceos, preto do Pai coma anxo, co teu marido ó lado. Aquel que che facía rir e preocupar cando lle tocaba sufrir, mais de cotío do que ninguén querería, e co que compartiches tanto. Aquel tan familiar ou se cadra mais ca ti, que só quixo apertas e bicos dos netos, e ó que os netos non souberon entender coma ti fixeches toda a vida, sabendo ver todo o bo nel e aceptalo malo ate que a morte vos houbo de separar. So quero facer por alguén o que ti fixeches e fas por todos nos.

Porque ningunha educación estaría completa sen ensinanzas dese ser de luz, que sabe mais por vello que por diaño, e do que esperas non esquecerche como fas de tantos outros. 

Porque unha avóa debería ser eterna

Élida Carmen Da Pena Rivas


Comentarios

Entradas populares